EDUCACIÓN

Máis de 150 profesores e profesoras asistiron á presentación da XIII Campaña Municipal de Animación á Lectura

23/04/2013 A Galería Sargadelos acolleu a presentación ao profesorado da XIII Campaña Municipal de Animación á Lectura, organizada pola Concellería de Educación e Kakandraka Editora. Participaron máis de 150 profesores e profesoras de centros de ensino de educación infantil e primaria de Santiago e da comarca.

Nesta sesión de traballo cos profesores que participan este año na Campaña, coñeceron as características das exposicións e recursos postos á súa disposición na Galería Sargadelos e que, durante máis dun mes, acollerá as sesións de contacontos, os talleres de escrita creativa e de ilustración, así como recursos didácticos e bibliográficos para que o profesorado poida traballar previa e posteriormente nas súas aulas. Tamén cada centro educativo participante recibiu lotes de libros coas temáticas desta edición da Campaña.

Participaron os seguintes centros: CEIP Lamas de Abade, CEIP Vite, CEIP Raíña Fabiola , CEIP Pío XII, CEIP Monte dos Postes, CEIP de Roxos Villestro, CEIP Apóstolo Santiago, CEIP Ramón Cabanillas, CEIP Casas Novoa, CEIP As Fontiñas, Colexio La salle, Colexio Compañía de María, Colexio Vilas Alborada, Colexio Peleteiro, Colexio San Francisco Xavier, Colexio Juniors, Colexio Juventud, Colexio Santa Apolonia, Colexio Nosa Señora dos Remedios, Colexio San Jorge, Colexio San José de Cluny, Colexio A Inmaculada, Colexio Divino Maestro, Escola Rural Rial Laraño, Escola Infantil Municipal de Conxo, Escola Infantil Municipal das Fontiñas, Escola Infantil Municipal de Meixonfrío - Salgueiriños, Escola Infantil Tras Parlamento, Escola Infantil San Roque, Escola Infantil Paparolo, Agasalle Escola Infantil, Escola Infantil Cativos - Restollal, Escola Infantil Cativos - Conxo, Colexio Raiola, Escola Infantil Snoopy, CEIP Sigueiro, CPI de Vedra, CEIP Xacinto Amigo Lera, Escola Infantil da Igrexa, CRA de Oroso, Escola Infantil dos Ánxeles, Escola Infantil de Guimaráns e Escola Infantil A Ulloa,

Compartir: