TRANSPORTES

Entra en vigor a nova estrutura tarifaria dos aparcamentos públicos

08/04/2005 A aprobación desta medida responde ao obxectivo de adecuar a relación prezo-tempo de estacionamento nos aparcamentos públicos que son titularidade do Concello de Santiago.

Remata o prazo para as empresas Interparking Hispania S.A. e Aparcamientos Sar S.A. en relación á modificación da estrutura tarifaria dos aparcamentos públicos.

Para os aparcamentos públicos que xestiona a empresa Acciona, é dicir, os situados en Tras Parlamento, na Estación de Autobuses e en San Caetano, a nova estrutura tarifaria de 15 minutos entrou en vigor a principios de abril, posto que esta empresa non presentou alegacións.

Na Xunta de Goberno Local celebrada o 4 de abril, acordouse prorrogar ata o 8 de abril o prazo concedido ás empresas Interparking Hispania S.A. e Aparcamientos Sar S.A., adxudicatarias dos aparcamentos de Romero Donallo e Praza de Vigo, en relación á modificación da estrutura tarifaria dos aparcamentos públicos.

Unha vez rematado o prazo para presentar alegacións, a fixación de tarifas por 15 minutos afectará a todos os aparcamentos, pero non aos importes de cada tramo, xa que cada aparcamento ten as súas características de ubicación e prazas, polo que as tarifas son diferentes.

A aprobación desta medida responde ao obxectivo de adecuar a relación prezo-tempo de estacionamento nos aparcamentos públicos que son titularidade do Concello de Santiago.

Por outra banda, o Instituto Nacional de Consumo sinala que as cláusulas "ou fracción" incluídas na estrutura tarifaría dos aparcamentos é abusiva ao amparo do establecido na Lei de Defensa dos Consumidores e Usuarios, concretamente no artigo 10.bis.1, onde di que a estrutura tarifaria dos aparcamentos é abusiva "ao causar, en contra das esixencias da boa fe e en prexuízo do consumidor, un desequilibrio importante entre os dereitos e as obrigas das partes que se derivan do contrato", "esixindo o pagamento dunha actividade non solicitada nin disfrutada".

Documentos relacionados



Compartir: