EDUCACIÓN

A concelleira de Educación coñeceu as instalacións e o traballo da Escola Municipal de Música

17/04/2013 A concelleira de Educación, María Castelao, realizou a súa primeira visita á Escola Municipal de Música, acompañada da dirección do centro e de técnicos do seu Departamento.

María Castelao tivo a ocasión de coñecer as diferentes actividades da Escola, así coma o traballo desenvolvido nas diversas especialidades instrumentais e un avance da programación do último trimestre do curso. A concelleira percorreu as instalacións e saudou o equipo directivo e o profesorado do centro.

Compartir: