BENESTAR SOCIAL

Homenaxe no CABES á ex concelleira de Benestar Social, Paula Prado

15/04/2013 A ex concelleira de Benestar Social, Paula Prado, recibiu unha homenaxe organizada pola Asociación de Persoas con Discapacidade de Compostela. A este acto, celebrado na Casa das Asociacións de Benestar Social (CABES), en Salgueiriños, sumouse a súa sucesora no cargo, María Castelao.

Os organizadores transmitíronlle a Paula Prado o "agradecemento do movemento asociativo da discapacidade polo trato recibido", e tamén doutras asociacións como a Asociación Galega de Lupus, a Asociación de Persoas Xordas de Santiago, a Asociación de Atrite de Santiago, a Unión Galega de Epilepsia e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade.

Pola súa parte, María Castelao, cualificou á súa predecesora como "unha magnífica concelleira de Benestar Social", xa que "en 18 meses foi quen de cumprir máis do 70% do programa proposto polo actual equipo de Goberno".

Compartir: