ALCALDÍA

Reunión do alcalde coa Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC

15/04/2013 O alcalde compostelán, Ángel Currás, reuniuse en Raxoi cos representantes da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC.

No encontro falaron de diversas cuestións, como a edición da revista Fonseca ou a colocación do "Recanto da Saúdade", un monólito de pedra no que, con motivo das vodas de prata e de ouro das diferentes promocións universitarias, se coloca unha placa como símbolo de regreso a Compostela dos antigos compañeiros. O proxecto fora idea do falecido doutor e intelectual Agustín Sixto Seco.

Compartir: