BENESTAR SOCIAL

Colaboración municipal na difusión das actividades da Asociación de Celíacos

10/04/2013 A concelleira de Benestar Social reuniuse coa Asociación de Celíacos de Galicia. María Castelao comprometeuse cos seus representantes a colaborar na difusión das súas actividades.

Entre estas actividades figuran as previstas con motivo da celebración do Día Nacional Celíaco o 27 de maio. O Concello colaborará na colocación dunha carpa informativa na praza do Toural.

Compartir: