CULTURA

Disco Las Palmeras! presentan o seu novo traballo discográfico na Zona C

10/04/2013 Este xoves 11 de abril, ás 21:00 horas, na Zona C (Bonaval, 1), cita con Disco las Palmeras! no Compostela Rock. As entradas está a venda a 6 euros (máis gastos de distribución) cunha oferta especial de entrada e vinilo a 12 euros. Como teloneiros contarán con Telephones Rouges, unha banda da escena underground galega.

Disco las Palmeras! nace en 2009. Xeograficamente, o grupo móvese entre Santiago de Compostela e Sarria (Lugo), lugar do seu centro de operacións. En só seis meses gravan a súa primeira maqueta, que colgan en Myspace e todo comeza a sucederse a velocidade de vertixe, xa que as súas cancións comezan a chamar a atención dos medios sen facer nin unha soa copia física. Veñen a presentar o seu novo disco, Ultra.

O blog de Sinnamon Records fíxase neles, a revista I like magazine méteos na súa lista de grupos a ter en conta no 2009 e Mondosonoro elixe a súa maqueta como a segunda mellor maqueta do ano en Galicia. O grupo é convidado a actuar en diversos ciclos e festivais, como o madrileño Don't Believe The Hype, o festival mallorquino NT09, ou o Sereas e Piratas de Carballo (A Coruña).

Preséntanse ao Festival sen códigos que organiza Myspace e gáñano (presentáronse máis de 1000 bandas), o que os leva a tocar no Primavera Sound 2010. Pouco despois preséntanse ao Eurodemo Santander e quedan entre os 5 mellores grupos nacionais. O grupo non para de tocar e percorren media España cunha soa maqueta: País Vasco, Estremadura, Madrid, Cataluña, Castela e León...

En marzo de 2010 comezan a gravar o seu primeiro disco, Nihil obstat. A gravación convértese nunha experiencia enorme, tanto pola duración (terminaron en outubro, tras pasar por tres estudos diferentes), como polo excitante da mesma, experimentando con máis de 50 pedais de efecto, dez amplificadores e multitude de guitarras. O disco é masterizado por Alan Douches nos West West Side Studios de Nova York e ve a súa saída o 8 de febreiro de 2011.

Dende o primeiro momento, a crítica acolle con enorme entusiasmo o disco. Rockdelux, Mondosnoro, Jeneasispop, La Luna Metropoli, Radio 3 e unha infinidade de medios verten enormes palabras acerca del. A crítica parece unánime e encomia un disco impropio nuns debutantes, cargado de forza, ruído e atmosferas, difícil de clasificar: noise, punk, shoegaze, psicodelia, industrial....

A crítica internacional comeza a falar deles e participan como representantes españois no Music Alliance Pact, saíndo en decenas de páxinas de todo o mundo, tales como as influentes All Scandinavian ou o influente blog de The Guardian. En breve comezan a soar en radios e a recibir críticas en medios de Latinoamérica: Arxentina, México, Brasil, Venezuela e mesmo en países de fala non hispana: Canadá, Reino Unido. Incluso lles fan un especial na importante web NH7 da India.

O seu vídeo da canción "A los indecisos", dirixido por Jonathan Cremades, é portada de Dailymotion en toda Sudamérica, España e Reino Unido e recibe case 20.000 visitas nunha semana.

A banda comeza a ser chamada para multitude de citas relevantes, repiten no Primavera Sound e súmanse ao cartel do Pulpopop, Día da Música, Vigo Transforma, FICA (Festival Castillo de Aínsa), Sonorama, Microsonidos, Let’s Festival, Girando por Salas, Festival do Norte, Jamónpop...

A pesar de que cabía pensar que o grupo estaría en moitas listas do mellor do 2011, a contundencia coa que os medios destacan o seu disco é rotunda. Están en case todas: mellor disco do ano para Planeta Indie, Rey sombra, En clave de luna e Disconcierto; 2º mellor para My feet in flames, indiecalling, indietv, How pop is now; entre os 10 primeiros para Feiticeira, Nuevo ruido, El indie no existe, Dimelorapido, Indiespot, El enano rabioso, retroalimentación weblog; entre os 20 mellores para Indienauta, os lectores de Indiecaciones, Yoursinmusic, Rockdelux (lectores),Perdiendo mi eje, Hipersónica, Fantastic Plastic Magazine e os lectores de Muzikalia. Mellor disco galego para Desconcierto. Además de aparecer nas listas do mellor do ano de Mondosonoro, Astredupop, Crazyminds ou Pániko nuclear. Por se isto fose pouco, cancións como "A los indecisos", "La casa cuartel", "Me la jugasteis en china" e "Desde hoy perfecto" apareceron en varias listas das mellores cancións do ano e o videoclip de "A los indecisos" foi destacado entre os mellores do ano por medios como Mondosonoro e Indiecallig.

Nos últimos meses o grupo continúa coa xira de presentación de Nihil obstat á vez que prepara o seu segundo disco, Ultra, que nos presentará neste concerto de Compostela Rock.

Como teleneiros contarán con Telephones Rouges, unha banda coa que a escena underground galega está vivindo unha das súas maiores épocas. A banda nace en O Grove (Pontevedra) en 2007 e xa alcanzaron a independencia suficiente para desenvolver unha personalidade propia que produce brillos centelleantes.

Compartir: