PROMOCIÓN ECONÓMICA

Innovar para vender

06/06/2006 O concurso I+C (Innovación máis Comercio) premiará a aquel establecemento comercial da cidade que máis destaque pola súa orixinalidade, ambientación, eficacia e innovación na visualización da súa oferta. Esta iniciativa, presentada polo concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias, quere contribuír a seguir optimizando a imaxe do comercio compostelán.

O programa de I+C está dirixido ao deseño de novas imaxes corporativas, ao desenvolvemento de campañas de promoción publicitaria e a proxectos de reforma para a rotulación, iluminación ou decoración de interiores. A data tope de inscrición será o 30 de setembro. O establecemento gañador recibirá un premio en metálico de 2.000 euros, que se destinará á realización do proxecto de I+C

Este concurso únese a outras iniciativas do departamento de Promoción Económica neste sector. "Tratase de promover unha cultura de mellora continua no comercio, e de converter a Santiago na capital de compras da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal", apuntou Xosé Manuel Iglesias.

Compartir: