EDUCACIÓN

Recepción a un grupo de escolares alemáns

09/04/2013 As concelleiras de Educación, María Castelao, e de Xuventude, Rebeca Domínguez, recibiron un grupo de 15 alumnos e alumnas do instituto Grimmelshausen Gymnasium, de Gelnhausen (Alemaña).

Os alumnos, que puideron coñecer as dependencias do Pazo de Raxoi da man das dúas concelleiras, están a realizar un intercambio co IES Rosalía de Castro. Levan xa sete días en Santiago e tamén visitarán a Cidade da Cultura.

María Castelao referiuse á importancia que teñen este tipo de intercambios como reforzo idiomático e cultural dos alumnos que neles participan. Ademais, no caso dos escolares doutros países, destacou o papel que representan logo na difusión dos valores culturais, patrimoniais e turísticos de Compostela.

Compartir: