CULTURA

"Bodas de sangre", de Federico García Lorca, no Teatro Principal

04/04/2013 Tejido Abierto Teatro e TribekaWorld Proyectos Escénicos presentan Bodas de sangre o xoves 11 de abril, ás 21:00 horas, no Teatro Principal. As entradas, a 15 e 12 euros, poden adquirirse na billeteira do Teatro Principal e en entradas.novagaliciabanco.es. O venres 12 de abril haberá funcións escolares ás 9:30 e 12:00 horas.

Bodas de sangre é, xunto a La casa de Bernarda Alba e Yerma, unha das obras máis representadas do teatro lorquiano. Este Bodas de sangre é unha aposta pola poesía lorquiana inmersa nas raíces flamencas onde a traxedia andaluza convértese en teatro.

Estamos no ano 1941. García Lorca vetado como actor subsiste na vontade creadora de nove actores. Para a súa posta en escena propoñen dous universos, o dos actores que constrúen o seu mundo particular e o que constrúe a realidade da época. A escenografía, austera e elocuente, é ponte para que esta xoia do século XX se abra ás dúas traxedias que se mostran: unha calorosa e densa tarde de morte e unha fría e medorenta censura.

"O sangue como algo que ata ao pasado, á familia, á vinganza. O sangue como un rastro do social. Como un cárcere do corpo e a palabra que nos condena ao pasado e ás veces precipítanos no futuro. O sangue como o prezo que se paga para vivir cos demais. Iso que se aprende e que nos inculcan que co sangue entra e que coa sangra tamén se perde. Os fluídos do corpo e porque non da alma. O sangue, a suor e as bágoas. Indescifrables, pegados, convertidos polo home en medallas para dar testemuño das conviccións". Jorge Eines, director.

As funcións destinada aos centros educativos para rapaces de 3º de ESO en diante deben reservarse previamente en carmen@vals.es. Entradas a 5 euros.

Compartir: