ECONOMÍA

Nace AJE Santiago, un novo referente para os emprendedores da cidade e a súa comarca

01/04/2013 A concelleira de Economía, Reyes Leis, presentou a nova sección da Asociación de Jóvenes Empresarios, AJE Santiago, que terá a súa se no edificio CERSIA. Esta entidade quere ser un referente no fomento da cultura emprendedora na cidade e prestar unha atención máis personalizada aos novos empresarios de Santiago e da súa comarca.

Reyes Leis expresou a súa satisfacción polo nacemento de AJE Santiago, tras un longo traballo que xa se viña realizando coa asociación provincial, AJE Coruña, e coa Federación Galega de Xóvenes Empresarios (FEGAXE-AJE Galicia). Agora, segundo explicou Carmen López, quen dirixirá esta sección compostelá, poderanse realizar accións semellantes ás que se xa se viñan realizando dende a entidade provincial, pero tamén promover accións específicas para o entorno de Santiago.

Ademais deste aspecto formativo, Carmen López destacou o papel que AJE Santiago quere xogar para establecer conexións entre os novos emprendedores de Santiago, 50 dos cales xa son socios na actualidade da sección provincial. Entre os ámbitos nos que incidir citou prioritariamente a innovación e a internacionalización.

En termos semellantes pronunciouse o presidente de FEGAXE, José Manuel Valenzuela, quen apuntou que este era "un día importante para os xóvenes emprendedores de Santiago", por canto se "crean as condicións necesarias para fomentar o emprendemento". Igualmente, o presidente de AJE A Coruña, Óscar Valcuende, destacou que AJE Santiago dará unha "mellor cobertura" aos emprendedores da cidade.

Finalmente e continuando coa liña de colaboración entre AJE e o Concello, Reyes Leis anunciou a creación dun premio para novos emprendedores. Estase traballando nese tema e en breve se anunciarán as bases deste galardón.

Compartir: