PARTICIPACIÓN CIDADÁ

María Pardo explicou os proxectos da súa área ao Consello de Relacións Veciñais

22/03/2013 Celebrouse unha nova xuntanza do Consello de Relacións Veciñais, no que, a proposta dos representantes veciñais da zona urbana, compareceu a concelleira responsable da Área de Desenvolvemento Urbano e Sostible, María Pardo, co fin de presentar os seus proxectos e escoitar suxestións.

No anterior Consello, quen comparecera do mesmo xeito fora a concelleira de Turismo, Reyes Leis. Ademais, o edil de Participación Cidadá, Francisco Noya, informara de asuntos do seu Departamento. Entre outros asuntos, acordáronse cos veciños as actividades a realizar este ano tendo en conta o borrador de orzamentos. Ademais, ofrecéuselle, outro ano máis, a colaboración municipal coas festas patronais (inchables, grupos tradicionais, corais...) ou a subvención das carpas para as asociacións de veciños.

Compartir: