PARQUES E XARDÍNS

Escolares do CEIP de Vite plantaron 300 árbores no Avío (Vista Alegre)

20/03/2013 O alcalde compostelán, Ángel Currás, xunto coa concelleira de Medio Ambiente, María Pardo, participou na plantación de árbores que realizaron os alumnos do CEIP de Vite con motivo da celebración do Día da Árbore (21 de marzo). O acto adiantouse un día ante as previsións meteorolóxicas.

Uns 170 nenos e nenas de infantil e primaria do CEIP de Vite plantaron 300 exemplares de árbores e arbustos na zona do Avío, en Vista Alegre. Os rapaces que participaron na plantación recibiron cadansúa camiseta, na que se reproduce o debuxo da mascota gañadora do concurso convocado nesta edición tamén no CEIP de Vite. Os gañadores deste certame recibirán os seus premios pola tarde, ás 19:00 horas, nun acto no Pazo de Raxoi.

Ademais dos 300 exemplares desta plantación -realizada en colaboración con Cespa (concesionaria do mantemento de zonas verdes)-, o Departamento de Parques e Xardíns facilitou árbores a aqueles colexios que o solicitaron, para que todos puideran celebrar este Día Mundial da Árbore. Así, sumáronse os colexios Ramón Cabanillas, Lamas de Abade e Mestre Rodríguez Xixirei.

Documentos relacionados



Compartir: