URBANISMO

A costa de San Clemente levará unha beirarrúa a distinto nivel da calzada

19/03/2013 A concelleira de Urbanismo, María Pardo, deu conta dos asuntos tratados pola Comisión Asesora do Casco Histórico, entre os que destacou as obras de reurbanización da costa de San Clemente e a reparación dunha gárgola na Catedral.

En canto á costa de San Clemente, a Comisión deu o visto bo a un proxecto para dotala dunha beirarrúa, separando a zona pernil e a de tránsito de vehículos, actualmente ao mesmo nivel e unicamente separadas por uns bolardos. Indicou que o proxecto contempla unha beirarrúa de lastras cunha altura de cinco centímetros e a instalación de cinco puntos de luz.

Á vista deste proxecto, que deberá pasar pola Xunta de Goberno, a Concellería comezará agora a busca de financiamento para levar a cabo a obra.

Tamén en relación a San Clemente, apuntou que xa foi substituída a canalización rota que provocara inundacións da zona. Neste sentido, recordou que a canalización existente non era capaz de soportar o caudal de saneamento da zona e lamentou que non se tivera substituído cando se reurbanizou. Concluída esta reparación e a da instalación telefónica, procederase á reconstrución da escaleira.

Gárgola na Catedral
A Comisión Asesora tamén aprobou a licenza para a reparación dunha gárgola da Catedral. Esta intervención está presupostada en 38.000 euros.

Día da Árbore
Finalmente, anunciou a plantación prevista para o xoves 21, con motivo do Día da Árbore, adiántase á xornada do mércores ante a previsión meteorolóxica. Escolares de primaria e infantil do CEIP de Vite plantarán 300 árbores e arbustos na zona do Avío, en Vista Alegre.

Outros catro colexios solicitaron árbores para realizar as súas propias plantacións con motivo desta celebración: CEIP Ramón Cabanillas, CEIP Lamas de Abade e CEIP Mestre Rodríguez Xixirei.

Compartir: