CULTURA

Pradairo, Pedro Guerra, Budiño, Win Mertens, Malevaje e Sés, en Sons’13

18/03/2013 Sons continúa facendo un percorrido polos diferentes estilos musicais. Despois do exitoso concerto da fadista Ana Moura, e as citas con Amancio Prada, Odaiko e Coetus, poderemos disfrutar dunha primavera de Sons no Auditorio de Galicia e no Teatro Principal.

Pradairo. Dous anos despois de presentar o seu primeiro traballo, Pradairo volve cunha nova proposta chea de tradición e innovación, sentimento e creatividade na que se mesturan sen complexos o mellor da música de raíz e do folk actual. O sábado 6 de abril, ás 20:30 horas, no Teatro Principal. Entradas a 5 euros.

Pedro Guerra. O seu novo traballo conmemora 30 anos de profesión e conta coa colaboración de figuras da talla de Estrela Morente o Chico César. Inclúe temas antigos e outros novos. O domingo 14 de abril, ás 20:30 horas, no Teatro Principal. Entradas a 15 euros (13 € no anfiteatro).

Budiño. É un artista atípico: difícil atopar alguén que esperte tanta admiración entre os seus. Inspírase nos pequenos sabores da música tradicional, pero sempre coa intención de crear unha música con estilo propio. O xoves 25 de abril, ás 21:00 horas, no Teatro Principal. Entradas a 8 euros (oferta especial de lanzamento ata o 11 de marzo) / 10 € (anticipada) / 12 € (billeteira).

Win Mertens. O xenial compositor belga Wim Mertens volve en formato de trío, para continuar presentando os seus últimos traballos, Series of ands Immediate givens e Open continuum. O venres 3 de maio, no Auditorio de Galicia. Entradas a 18 euros (oferta especial de lanzamento ata o 28 de febreiro) / 20 € (anticipada) / 22 € (billeteira).

Malevaje. Con 12 discos no mercado, o grupo defendeu a inmortalidade do tango modernizando as súas composicións na busca dunha maneira propia de cantar os sentimentos de sempre. O sábado 25 de maio, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia. Entradas a 11 euros (16 € na billeteira).

Sés. Acompañada pola súa banda presenta novo disco neste concerto enmarcado en Sons’13 e dentro do ciclo Cantigas de Mulleres, inspirado no CD editado homónimo por Fol Música. O venres 7 de xuño, ás 21:00 horas, no Teatro Principal. Entradas a 8 euros (anticipada) / 10 euros.

Compartir: