ALCALDÍA

Entregados os Premios San Clemente

14/03/2013 O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu á entrega dos Premios Arcebispo San Clemente, celebrada no IES Rosalía de Castro.

Nesta XVIII edición, os premiados foron Xabier Queipo, pola súa novela Extramunde, en lingua galega; Marina Mayora, por Deseos, en lingua castelá; e Peter Stamm, por Siete años, en novela en lingua estranxeira.

O Premio de narrativa Arcebispo Juan de San Clemente converte a alumnos de Bacharelato en protagonistas á hora de outorgar un Premio Literario. O Xurado deste Premio está formado por alumnos de Bacharelato do Instituto Rosalía de Castro, organizador do Premio, e de catro institutos máis, elexidos por sorteo, un de cada provincia galega.

Compartir: