ALCALDÍA

O alcalde reuniuse cun grupo de voluntarias do Refuxio de Animais de Bando

14/03/2013 O alcalde compostelán, Ángel Currás, mantivo un encontro en Raxoi cun grupo de voluntarias do Refuxio de Bando.

Estas colaboradoras manifestáronlle as principais problemáticas da Fundación Refuxio de Animais de Bando, cuxo Padroado preside o propio alcalde. Este agradeceu aos voluntarios e voluntarias o traballo que realizan no seu tempo libre de promoción das adopcións de animais, de axuda nos seus coidados, de socialización e de colaboración nas actividades.

Compartir: