Benestar Social

A Concellaría de Benestar Social propón liñas de actuacións conxuntas respecto á Lei de Dependencia

01/06/2006 A Concellaría de Benestar Social ven de elaborar un documento de traballo no que se recollen as conclusións do obradoiro "A cooperación entre organizacións de acción social. Os retos da Lei de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia", que se celebrou o 26 de abril de 2006 na Escola Galega da Administración Pública.

Na xornada, de numerosa participación, revelouse o grande interese que a Lei de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia está a espertar no ámbito da acción social.

A Concellaría de Benestar Social quere seguir ofrecendo espazos que sirvan para responder ás demandas das entidades sociais, polo que, dentro do marco do proxecto de Casa de Asociacións de Servizos Sociais, convocouse ás entidades do Consello Municipal de Servizos Sociais a unha xuntanza de traballo o martes 20 de xuño de 2006, de 10 a 12 h., no Centro Sociocultural de Fontiñas, co obxectivo de abordar liñas de actuación conxuntas respecto á Lei de Dependencia

Documentos relacionados



Compartir: