CULTURA

Ron Carter Trío inaugura o Ciclo 1906 Jazz

12/03/2013 O Ciclo 1906 Jazz volve ofrecer aos afeccionados ao jazz intérpretes de incontestable calidade e que percorren as diferentes correntes do jazz actual. Ron Carter Trío abrirá esta sexta edición o domingo 17 de marzo, ás 20:00 horas, no Teatro Principal.

O Ciclo 1906 Jazz volve achegar a música libre dos grandes músicos deste xénero aos templos do jazz máis representativos de España con 50 concertos. Durante catro meses, as mellores bandas nacionais e internacionais tocarán nas principais cidades galegas e en locais de Madrid, Barcelona, Bilbao, Valencia ou Murcia. Trece cidades co eixe en Compostela, onde se presentará e clausurará o ciclo. O programa arranca domingo 17 de marzo coa actuación do contrabaixista Ron Carter no Teatro Principal.

Hai poucos discos dos que marcaron o rumbo do jazz nos que non figure Ron Carter ao contrabaixo. Xa son máis de dous mil nos que participou e moitísimos deles cóntanse entre os imprescindibles. Todo un xenio como Eric Dolphy foi o líder da primeira gravación na que participou o contrabaixista de Michigan, e o resto dos nomes cos que tocou son, sen discusión, a encarnación da historia do jazz: Miles Davis, Thelonious Monk, Art Blakey, Coleman Hawkins, Joe Henderson, Bill Evans, Dexter Gordon, Freddie Hubbard, Herbie Hancock, Wes Montgomery, Jobim, Andrew Hill, Mc Coy Tyner, Jim Hall, Paul Desmond...

Direcciones relacionadas



Compartir: