ECONOMÍA

O Cersia acolle o xoves unha xornada para mellorar a productividade

11/03/2013 Aje Galicia organiza a xornada ¿Queres ser máis productivo? Xestión de tareas á velocidade da tua empresa o xoves 14, ás 10:00 horas, no edificio Cersia, en San Lázaro.

Nesta xornada, o experto Anxo Mourelle exporá os principios para ser máis productivo a través do método "GTD". Esta metodoloxía, contrastada en 20 países con éxito dende hai unha década, ofrece un control sobre as tarefas cun sistema sinxelo sen custos asociados e multiplataforma. Permite tomar decisións rápidas e adaptar prioridades a medida que as cousas pasan.

O relatorio, en colaboración co Concello de Santiago e a Escola Europea de Negocios, vai dirixida a emprendedores, profesionais liberais, enxeñeiros, consultores, xestores de institucións e, en xeral, persoas que teñen obxetivos e queren cumprilos.

Os interesados poden inscribirse de forma gratuita enviando un correo a gerencia@fegaxe.com ou ben no teléfono 608 905 804. Ao finalizar o relatorio, que durará aproximadamente unha hora, haberá un pequeno "café-networking" para que os asistentes poidan ampliar a súa rede de contactos.

Compartir: