CULTURA

"Bodas de sangre", de Federico García Lorca, no Teatro Principal

11/03/2013 Tejido Abierto Teatro & TribekaWorld Pproyectos Escénicos presentan Bodas de sangre, de Federico García Lorca. A función para o público en xeral terá lugar o xoves 11 de abril, ás 21:00 horas, no Teatro Principal. Haberá sesións escolares o venres 12 de abril, ás 9:30 e 12:00 horas.

Bodas de sangre é, xunto a La casa de Bernarda Alba e Yerma, unha das obras máis representadas do teatro lorquiano. Este Bodas de sangre é unha aposta pola poesía lorquiana inmersa nas raíces flamencas, onde a traxedia andaluza convértese en teatro.

Estamos no ano 1941. García Lorca, vetado como actor, subsiste na vontade creadora de nove actores. Para a súa posta en escena propoñen dous universos, o dos actores que constrúen o seu mundo particular e o que constrúe a realidade da época. A escenografía, austera e elocuente, é ponte para que esta xoia do século XX se abra ás dúas traxedias que se mostran: unha calorosa e densa tarde de morte e unha fría e medorenta censura.

"O sangue como algo que ata ao pasado, á familia, á vinganza. O sangue como un rastro do social. Como un cárcere do corpo e a palabra que nos condena ao pasado e ás veces precipítanos no futuro. O sangue como o prezo que se paga para vivir cos demais. Iso que se aprende e que nos inculcan que co sangue entra e que coa sangue tamén se perde. Os fluídos do corpo e porque non da alma. O sangue, a suor e as bágoas. Indescifrables, pegados, convertidos polo home en medallas para dar testemuño das conviccións". Jorge Eines, director.

Tejido Abierto Teatro nace en 2007. Buscando nome para o equipo de traballo reunido ao redor da obra de Samuel Beckett xorde a palabra "tejido", como a que orixina, define e dá sentido a cada ensaio. Dirixida por Jorge Eines, é incubadora de novas procuras na elaboración do acontecemento escénico

Entradas á venda a 15 euros / 12 euros anfiteatro, na billeteira do Teatro Principal, aberta de martes a sábado (+ días de evento) de 18:00 a 21:00 horas, e en entradas.novagaliciabanco.es.

As funcións destinada aos centros educativos para rapaces desde 3º ESO en diante deben reservarse previamente en carmen@vals.es. Entradas a 5 euros.

Compartir: