PARTICIPACIÓN CIDADÁ E CENTROS SOCIOCULTURAIS

Continúan as rutas didácticas do programa "Cultura Viva. Fai túa Compostela"

11/03/2013 Para o mércores 13 de marzo está prevista unha nova ruta didáctica do programa Cultura Viva. Fai túa Compostela, promovido pola Concellaría de Centros Socioculturais e Participación Cidadá. Ás 11:00 horas partirá da Porta do Camiño (ao carón da fonte) a ruta "A cerca da cidade II".

Será un percorrido seguindo as pegadas dunha parte da muralla da cidade. Permitirá aos participantes coñecer algúns dos segredos de Compostela.

Sábado 16
O sábado 16 de marzo realizarase a ruta "O Castelo da Rocha", con visita explicativa á fortaleza e tamén ao Centro Sociocultural da Rocha, onde se exhibe unha exposición de olería. O percorrido arrancará ás 11:00 horas da praza de Galicia.

Todas as rutas do programa están completas neste momento debido ao éxito de público, que respondeu de forma positiva á proposta de rutas e itinerarios. Moitas destas rutas xa levan días con listas de agarda.

Máis información e inscrición nos centros socioculturais:

CSC de Conxo 981 528 740
CSC do Ensanche 981 543 001
CSC das Fontiñas 981 528 750
CSC do Castiñeiriño 981 542 459
CSC de Vite 981 542 490
CSC de Santa Marta 981 543 017

Compartir: