MULLER

Mulleres con discapacidade falaron no CABES das súas experiencias de inserción laboral

08/03/2013 A Casa das Asociacións de Benestar Social (CABES), en Salgueiriños, acolle a Xornada da Muller Traballadora con Discapacidade, organizada por CERMI Galicia. A concelleira de Muller, María Castelao, asiste ao acto inaugural do evento, presidido pola conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato.

Nesta xornada, mulleres con discapacidade e traballadoras de entidades do sector falaron das súas experiencias de inserción laboral e emprego.

Compartir: