TURISMO

As pernoctacións subiron un 8,14% en Santiago durante o mes de xaneiro

08/03/2013 Santiago sumou 45.119 pernoctacións en xaneiro, un 8,14% máis que no mesmo mes do ano 2012, segundo os datos do INE. O aumento das pernoctacións debeuse ao crecemento das pernoctacións domésticas, que alcanzaron as 37.877, un 11,58% máis que en xaneiro do ano pasado. Pola contra, as pernoctacións internacionais, que no conxunto do ano 2012 alcanzaron o seu maior número na serie estatística do INE, tiveron un descenso do 6,88%, quedándose con 7.242.

Os datos de Santiago de xaneiro contrapóñense aos datos estatais, que baixaron en relación a xaneiro do mes pasado. En conxunto, as pernoctacións en España baixaron un 5,2%, fronte a subida do 8,14% de Santiago. En turismo doméstico, o descenso foi do 12,4%, mentras que o turismo internacional tivo prácticamente o mesmo comportamento que o ano anterior, cun lixeiro descenso do 0,4%.

Xaneiro é tradicionalmente o mes con menor número de pernoctacións en Santiago, polo que os datos deste mes teñen que ser tomados con prudencia. Agora ben, estes datos de xaneiro representan un cambio respecto ao que aconteceu durante todo o ano 2012, no que a demanda da cidade evolucionou precisamente ao revés, con crecementos importantes do turismo internacional e descensos tamén importantes do turismo doméstico.

Na serie histórica do INE, o mes de xaneiro do 2013 sitúase como o segundo peor mes dende o ano 2005, superando únicamente ao 2012. Na evolución deste mes pode verse coma xaneiro foi perdendo pernoctacións dende hai anos, tanto domésticas coma internacionais. Incluso o mes de xaneiro do Ano Santo 2010 fora peor que os de 2009, 2008 e 2005.

Compartir: