TURISMO

Encontro con turoperadores xaponeses

08/03/2013 O concelleiro Francisco Noya, en ausencia da concelleria de Turismo, Reyes Leis, presente na Feira Internacional de Turismo de Berlín, recibiu a tres representantes do turoperador xaponés Miki Travel Agency. Están en Santiago nunha viaxe de familiarización.

O operador Miki Travel leva 20 anos en España e na actualidade está moi interesado en crear paquetes turísticos polo norte de España. De aí este famtrip, no que participan Yuji Oyamada, Osamu Suzuki e Yuki Nomura.

Turismo de Santiago considera ao mercado xaponés interesante para a cidade por tres razóns: é un mercado cun gran volume de poboación, é un mercado cun alto potencial de crecemento turístico na cidade e é un mercado cun gasto por persoa moi superior á media internacional. O obxectivo é captar a un turista cultural de alto nivel económico para poder aumentar a media de gasto por persoa na cidade.

Compartir: