PARTICIPACIÓN CIDADÁ E CENTROS SOCIOCULTURAIS

Continúan as rutas didácticas do programa "Cultura Viva. Fai túa Compostela"

07/03/2013 Para o sábado 9 de marzo está previstas unha novas ruta didáctica do programa Cultura Viva. Fai túa Compostela, promovido pola Concellaría de Centros Socioculturais e Participación Cidadá.

Ás 11:00 horas partirá do Centro Sociocultural da Trisca a ruta "O barrio de San Pedro". Será un Romeiro circular por un dos barrios históricos e importantes de Santiago de Compostela.

Todas as rutas do programa están completas neste momento debido ao éxito de público, que respostou de forma positiva á proposta de rutas e itinerarios. Moitas destas rutas xa levan días con listas de agarda...

Máis información e inscrición nos centros socioculturais:

CSC de Conxo 981 528 740
CSC do Ensanche 981 543 001
CSC das Fontiñas 981 528 750
CSC do Castiñeiriño 981 542 459
CSC de Vite 981 542 490
CSC de Santa Marta 981 543 017

Compartir: