EDUCACIÓN
A concelleira de Educación reuniuse co presidente das ANPAS de Santiago
06/03/2013 A concelleira de Educación, María Castelao, reuniuse no Cersia (San Lázaro) co presidente da Federación de Asociacións de Pais e Nais de Alumnos (ANPAS) de Santiago, Fernando Lacaci. Acompañouna a súa antecesora no cargo, Rebeca Domínguez.
A nova edil de Educación está a manter unha rolda de contactos axentes do sector educativo de Santiago, co obxecto de presentarse e de coñecer de primeira man as súas principais demandas.