NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Publicada a listaxe de solicitudes admitidas para os cursos CELGA organizados pola Concellería de Normalización Lingüística

04/03/2013 A Concellería de Normalización Lingüística fai pública a listaxe de solicitudes admitidas no CELGA 3. A data de inicio deste curso farase pública nas vindeiras semanas (non comezará o día 11 como estaba previsto inicialmente) e comunicarase, así mesmo, a cada un/unha dos/as solicitantes.

Os cursos CELGA 1, CELGA 2 e CELGA 4 para os que se abriu unha preinscrición non alcanzaron o número mínimo de 20 solicitantes e, polo tanto, non se van realizar. Ás persoas que solicitaron CELGA 1 e CELGA 2 ofréceselles a posibilidade de acudir a algún dos cursos que convocou directamente a Secretaría Xeral de Política Lingüística en horario de mañá, nos que hai prazas vacantes. Estes cursos non comezarán o día 11 de marzo como estaba previsto. Cómpre, polo tanto, que as persoas interesadas estean atentas á nova data de inicio, porque deberán acudir á aula o primeiro día co fin de se incluíren na listaxe de asistentes.

Documentos relacionados



Compartir: