DEPORTES

Iván Cervantes faise coa victoria na segunda xornada da proba inaugural do Campionato de España de Enduro

03/03/2013 Os circuítos das inmediacións de San Lázaro e do Monte do Gozo acolleron a segunda xornada da proba inaugural do Campionato de España de Enduro de motociclismo. Iván Cervantes foi o gañador desta segunda xornada de competición, tras a que se celebrou a entrega de premios, presidida polo concelleiro de Deportes, Adrián Varela.

Oriol Mena obtivera a victoria fronte a Iván Cervantes e Lorenzo Santolino na primeira xornada. Na proba do domingo, o gañador foi o catalán Iván Cervantes, quen aspira a renovar o seu título de campión Scratch logrado na pasada temporada. Danny Mccanny superouno na primeira e segunda volta na extrema, pero finalmente rematou segundo. Terceiro na xeral quedou Rodrig Thain.

Os tres primeiros clasificados por categorías foron os seguintes: en E1, Lorenzo Santolino, Víctor Guerrero e Mario Román; en E2, Iván Cervantes, Oriol Mena e Jaume Betriu; en E3, Danny Maccany, Rodrig Thain e Fabien Planet; en Junior Open Sub21, Kirian Mirabet, Carles Salsench e Esteban Lanz; en Junior Open Diego Rojas, Kirian Mirabet e Ramón Quer; en Senior B 2T, Constantino Pérez, Christian Ardevol e Francisco Rico; en Senior B 4T, Borja Nieto, Xavier Abasolo e Enrique Vega; en Senior C 2T, Antonio Valero, Xavier Castey e José Antonio Sánchez; en Senior C 4T, Iker Villanueva, Jorge Rodríguez e Alberto Macías; en Master, Francisco Izquierdo, Sergi Lasala e Leandro Morales; e en Féminas, Irene Almendros, Rosa Romero e Natalia Alonso.

Compartir: