DEPORTES

Santiago acolle esta fin de semana a proba inaugural do Campionato de España de Enduro de motociclismo

01/03/2013 A praza do Obradoiro acolleu a presentación oficial de todos os pilotos que participarán na proba inaugural do Campionato de España de Enduro de motociclismo (IV Memorial Eulo Albert), que se disputará nos circuítos habilitados no Monte do Gozo e no Estadio de San Lázaro o sábado 2 e o domingo 3 de marzo. Máis de 200 pilotos participarán nesta competición, que Santiago acolle por primeira vez.

Coa organización do motoclub Móvete na Moto, chega a Compostela unha modalidade de motociclismo que discorre a modo de rally e na que os participantes demostran altas doses de habilidade, destreza e velocidade sobre a moto. Son máis de 30 os pilotos campións do mundo e de España inscritos, entre eles, nomes tan reputados como Iván Cervantes (campión do mundo e de España en varias categorías); Joakim Ljunggren (campión e subcampión do mundo) ou Cristóbal Guerrero (campión do mundo e de España).

As carreiras desenvolveranse sábado e domingo a partir das 9:00 horas no Estadio de San Lázaro (especial C1 Extrema) e no Monte do Gozo (especiais C2 e C3). Os actos de entrega de trofeos terán lugar no paddock habilitado en San Lázaro (o sábado, sobre las 16:00 h, e o domingo, ás 16:30 h aproximadamente).

Compartir: