CENTROS SOCIOCULTURAIS

Cursos de finanzas persoais nos centros socioculturais do Ensanche e de Santa Marta

01/03/2013 A Concellaría de Centros Socioculturais pon en marcha, en colaboración coa Asociación para a Formación en Finanzas(AFF), un curso monográfico co título Finanzas persoais: aprende a xestionar os teus cartos. Terá dúas entregas: unha no Centro Sociocultural do Ensanche, os días 2, 3, 5, 9, 10 e 12 de abril, en horario de 19:00 a 21:00 horas; e outra no CSC de Santa Marta, os días 4, 5, 6, 11, 12 e 13 de xuño, de 18:00 a 20:00 horas.

O curso, cunha duración de 12 horas, amosará dun modo dinámico e práctico, facendo uso das novas tecnoloxías, aspectos básicos da cultura financeira para persoas que non teñan coñecementos previos e teñan interese en achegarse a contidos como: a xestión dos cartos, os tipos de interese, os mercados financeiros, os produtos financeiros e as operacións a través de Internet.

Este suxestivo curso ten un prezo de 28 euros e os interesados en participar poden inscribirse directamente achegándose aos centros socioculturais do Ensanche e de Santa Marta. O prazo de inscrición comeza o luns 4 de marzo.

Documentos relacionados



Compartir: