PARTICIPACIÓN CIDADÁ E CENTROS SOCIOCULTURAIS

Continúan as rutas didácticas do programa "Cultura Viva. Fai túa Compostela"

01/03/2013 Para o sábado 2 e o mércores 6 de marzo están previstas dúas novas rutas didácticas do programa Cultura Viva. Fai túa Compostela, promovido pola Concellaría de Centros Socioculturais e Participación Cidadá.

O sábado 2 de marzo, ás 11:00 horas, partirá da igrexa do Carme de Abaixo a ruta "Polas ribeiras do Sarela". Polo camiño do río, os participantes atoparán restos do pasado industrial que hai séculos transformou a cidade.

O mércores 6 de marzo, vez para a ruta "As casas da cidade", que permitirá observar como a arquitectura mostra pegadas que aínda conservamos dende a Idade Media en Compostela. A visita sairá da praza do Hospitaliño, en San Roque, ás 18:00 horas. Máis información sobre esta e outras rutas nos centros socioculturais.

Imos ao baile
Tamén o sábado 2 de marzo, nova cita co programa Imos ao baile, organizado pola Concellaría de Participación Cidadá e Centros Socioculturais. Nesta ocasión, o baile celebrarase na Casa das Asociacións de Cornes, a partir das 17:30 horas, coa actuación do grupo Zeltia.

Compartir: