CULTURA

Amancio Prada canta a Chicho Sánchez Ferlosio, Léo Ferré e Agustín Carcía Calvo

01/03/2013 Amancio Prada, voz e guitarra, canta a tres libertarios: Chicho Sánchez Ferlosio, Léo Ferré e Agustín García Calvo. Un círculo vinculado pola amizade e o fervor dende os anos da utopía e o exilio. A cita, o sábado 2, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

Amancio conocé a Agustín García Calvo en París, nun restaurante universitario no Barrio Latino, a comezos dos setenta, cando ía pregoando e repartindo exemplares do Manifesto da CAZ, Comuna Antinacionalista Zamorana, que levaba no súa zurrón e descobre a súa poesía, as súas cancións e soliloquios. El foi quen lle falou por primeira vez de Chicho Sánchez Ferlosio como exemplo á hora de facer cancións sobre poemas propios ou alleos.

A Chicho coñéceo uns anos máis tarde na casa de Carmen Martín Gaite e considérao o cantor con máis graza e talento que coñeceu. En 2003, pouco despois da súa morte, dedícalle o libro-disco "Hasta otro día Chicho". Con Chicho e con Agustín deu un recital no Teatro Español de Madrid. E Léo Ferré, unha das estrelas máis brillante do elevado firmamento da chanson, e unha das máis rebeldes. En "Vida de Artista", (2007) Amancio Prado tratou de sementar noutra terra, con outro acento, a semente da súa permanente rebelión e beleza.

O soliloquio do sorriso contra toda forma de poder que negue a liberdade. Lámpadas da conciencia. Así é a vida que merece ser vivida, así as palabras que merecen ser cantadas. Un ramo de cancións, como rosas con espiñas.

Venda de entradas
Anticipada: 16 euros / 12 euros (anfiteatro)
Billeteira: 20 euros / 17 euros (anfiteatro)
Teatro Principal, 18:00-21:00 h (de martes a sábado) entradas.novagaliciabanco.es / 902434443

Compartir: