PARTICIPACIÓN CIDADÁ E CENTROS SOCIOCULTURAIS

Dúas novas rutas didácticas no programa "Cultura Viva. Fai túa Compostela"

25/02/2013 Continúan as rutas didácticas do programa educativo Cultura Viva. Fai túa Compostela, promovido pola Concellaría de Participación Cidadá e Centros Socioculturais. Esta semana, oportunidade para visitar a cerca da cidade e as ribeiras do Sarela.

O mércores 27 de febreiro desenvolverase a ruta "A cerca da cidade I". Realizarase un itinerario descubrindo as pegadas dunha parte da muralla da cidade, presente e oculta en Compostela. Sairase do paseo central da Alameda (palco da música) ás 11:00 horas.

Para o sábado 2 de marzo está prevista a ruta denominada "Polas ribeiras do Sarela". Polo camiño do río, os participantes atoparán restos do pasado industrial que hai séculos transformou a cidade. A saída, ás 11:00 horas, na igrexa do Carme de Abaixo.

Máis información e inscrición nos centros socioculturais:

CSC de Conxo 981 528 740
CSC do Ensanche 981 543 001
CSC das Fontiñas 981 528 750
CSC do Castiñeiriño 981 542 459
CSC de Vite 981 542 490
CSC de Santa Marta 981 543 017

Compartir: