CENTROS SOCIOCULTURAIS

O CSC do Ensanche organiza unha nova sesión de xogos populares na praza Roxa

22/02/2013 O Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche organiza quincenalmente sesións de xogos populares na praza Roxa. A próxima será este sábado, 23 de febreiro, dende as 12:30 ás 13:30 horas.

O xogo é un elemento indispensable para a socialización tanto de nenos coma de adultos. Xogando aprendese, entre outras cousas, a resolver conflitos nun ambiente distendido e relaxado. O obxectivo da actividade é recuperar o xogo na rúa como elemento socializador, favorecendo a interacción entre pais e fillos e por en valor as prazas como espazos de encontro para os veciños.

As persoas que se acheguen ata a praza Roxa poderán xogar á corda, ás canicas, á estornela, á comba, á goma, ao xogo dos aros, á raiola ou á carreira de chapas. Nestas sesións veñen participando habitualmente unhas 30 persoas. Non é precisa a inscrición.

As próximas sesións de xogos populares celebraranse os días 9 e 23 de marzo, 6 e 20 de abril, 25 de maio e 8 de xuño. En caso de choiva, a actividade trasladase ao CSXM do Ensanche, onde se desenvolven tamén xogos do mundo.

Máis información:
Centro Sociocultural do Ensanche e Xuvenil Municipal do Ensanche
Rúa de Frei Rosendo Salvado 14-16, baixo. Tel.: 981 543 001
csxoensanche@santiagodecompostela.gal
www.santiagosociocultural.org

Compartir: