ALCALDÍA

O alcalde analizou cos veciños do Romaño as principais necesidades do barrio

19/02/2013 O alcalde compostelán, Ángel Currás, e varios concelleiros mantiveron unha xuntanza cos integrantes da Asociación de Veciños Ponte do Romaño.

Na reunión, celebrada en Raxoi, os representantes veciñais analizaron co alcalde as principais demandas do barrio, co fin de fixar as actuacións máis urxentes e prioritarias. Entre elas, ocupou un nivel destacado a tramitación do centro cívico previsto para o Romaño, que está pendente da súa adxudicación en breve.

Ademais, informouse sobre a actuación no río Sarela, proxecto do programa Urbana Santiago Norte que inclúe a continuación do paseo ata o Romaño. Neste eido, comunicóuselle aos veciños que xa está contratada a intervención arqueolóxica na ponte dos Tres Ollos. Executarase a obra en canto baixe o nivel da auga.

Compartir: