DEPORTES

O duro e vistoso circuíto do Monte do Gozo acolle o II Cross de Compostela

16/02/2013 O vindeiro domingo 17 de febreiro, a especialidade atlética do campo a través ten unha nova cita no duro circuíto do Monte do Gozo. Será no II Cross de Compostela, froito da colaboración entre a Federación Galega de Atletismo e o Concello de Santiago. Esta proba será tamén Campionato Galego de Veteráns de Campo a Través.

Os mellores atletas veteráns da Galicia -entre os que destacan o olímpico Alejandro Gómez e o atleta afincado en Galicia Hassan Lekhili- competirán no Monte do Gozo na busca dos recoñecementos como mellores atletas e clubs autonómicos da especialidade. Pero antes do Campionato Galego celebraranse as probas escolares e o agardado Cross Popular, no cal tomarán parte os clubs e atletas populares santiagueses e galegos.

As probas darán comenzo ás 10:00 horas coa carreira benxamín-alevín. A continuación correrán infantís, cadetes e xuvenís. Ás 10:45 horas dará comenzo o Cross Popular e xa ás 11:30 horas a primeira proba do Campionato Galego.

Direcciones relacionadas



Compartir: