FESTAS

A Queima do Meco puxo fin ao Antroido

13/02/2013 O Antroido concluíu coa tradicional queima do Meco na praza Roxa, despois dun cerimonial desfile de loito polas rúas de Compostela.

O boneco e a súa prima de risco foron guiados cara o seu triste destino durante un percorrido que, partindo do Toural, pasou por: rúa Nova, rúa do Vilar, Senra, Doutor Teixeiro, República do Salvador e praza Roxa. O acompañamento musical correu a cargo da Banda Municipal e a animación púxoa a comparsa A Ruliña de Laraño.

Compartir: