ALCALDÍA

Vías e Obras garantirá a seguridade, limpeza e accesibilidade da rúa Virxe Branca

13/02/2013 O alcalde compostelán, Ángel Currás, reuniuse cos veciños da rúa Virxe Branca, aos que lle comunicou que se deron instrucións para minimizar a actual situación de deterioro da rúa en tanto non comezan as obras do proxecto de mellora integral previsto.

Na reunión, na que tamén participaron os concelleiros María Pardo e Juan de la Fuente, Ángel Currás informou aos veciños que a Brigada de Vías e Obras manterá unha vixilancia permanente da rúa. Neste sentido, comunicoulles que a Brigada realizará as actuacións necesarias para garantir a seguridade e a limpeza da calzada, así como os arranxos e nivelacións precisas na beirarrúa para asegurar a accesibilidade. Este seguimento permanente manterase ata que non comece a obra integral prevista na rúa Virxe Branca, que segue a súa tramitación.

Compartir: