TURISMO
A firma Renault terá un especial protagonismo nesta edición, cunha exposición monográfica na que se amosarán uns 40 vehículos, dos cales o mais antigo data de 1903. Para completar a exhibición, haberá unha charla coloquio sobre a marca francesa en competición, na que participarán, entre outros, pilotos emblemáticos como Guillermo Barreras, José Pavón ou Luis Aragonés. Será o sábado 16 ás 20:00 horas.
Retro Galicia volverá a ser o lugar elixido como chegada do XIV Rally Rías Baixas de Clásicos, competición de regularidade cuxa última etapa concluirá en Amio a media tarde do sábado 16. Os participantes percorrerán un circuíto especialmente habilitado no exterior do recinto feiral.
Como nas dúas edicións anteriores, o certame terá un marcado carácter comercial, o que permitirá non só admirar os vehículos expostos, senón tamén mercalos. Os que dispoñan dun automóbil clásico e queiran acudir a Retro Galicia terán unha zona de estacionamento reservada, ademais dun desconto do 50% no prezo da entrada.
Seguindo co capítulo expositivo, un dos expositores máis destacados será o da Fundación Estanislao Reverter. Alí haberá réplicas en miniatura de coches, trofeos, programa se rallys de valor histórico, rurais fotográficos, etc.
Motos
As motos tamén terán espazos e eventos dedicados. Así, o Salón compostelán será o escenario da presentación oficial do Campionato Galego de Motos Clásicas 2013. E ao igual que sucede cos coches, os particulares que dispoñan de motos de época, poden exhibilas e vendelas nun espazo exclusivo para eles.
Igualmente no eido das motos, José Enrique Elvira destacou a exposición de motos empregadas na súa carreira deportiva polo malogrado piloto lucense Juan López Mella, e outra de réplicas de cascos empregados por algúns dos mellores pilotos da historia do motociclismo.
Tres xornadas
A entrada para o Retro Galicia custará 8 euros, coa posibilidade de adquirir un abono de 12 euros para varios días. Os nenos de ata 10 anos non pagarán entrada. Ademais, os que visiten o Salón nun vehículo clásico ou formando parte dunha concentración –ata un máximo de dúas persoas por vehículo- verán o prezo da entrada reducido a 4 euros.
Os horarios de funcionamento serán: o venres 15 de febreiro, de 16:00 a 21:00 horas; o sábado 16, de 10.00 a 22:00 horas; e o domingo 17, de 10:00 a 20:00 horas.
Santiago acolle por terceiro ano consecutivo a maior feira de vehículo de época de Galicia
11/02/2013 O recinto feiral de Amio acolle do 15 ao 17 de febreiro a terceira edición do Retro Auto&Moto Galicia, convertida xa nunha cita obrigada para os amantes do automóbil e da motocicleta de época. A organización agarda a asistencia dunhas 20.000 persoas, provenientes fundamentalmente de Galicia e do Norte de Portugal.
A concelleira de Comercio, Turismo e Mercados, Reyes Leis, presentou esta terceira edición de Retro Auto&Moto Galicia e agradeceu á organización a súa aposta por Santiago para celebrar este evento. Foi precisamente o director xeral de Eventos del Motor, José Enrique Elvira, o encargado de explicar a ampla oferta expositiva e de eventos desta feira, que ocupará unha superficie de 17.000 metros cadrados.A firma Renault terá un especial protagonismo nesta edición, cunha exposición monográfica na que se amosarán uns 40 vehículos, dos cales o mais antigo data de 1903. Para completar a exhibición, haberá unha charla coloquio sobre a marca francesa en competición, na que participarán, entre outros, pilotos emblemáticos como Guillermo Barreras, José Pavón ou Luis Aragonés. Será o sábado 16 ás 20:00 horas.