FESTAS

O Meco xa preside o Antroido de Compostela

09/02/2013 O desfile do Meco abriu o Antroido de Compostela. O boneco, que este ano centra a súa atención na prima de risco, preside xa dende os balcóns do Pazo de Bendaña, na praza do Toural, unha celebración que traerá desfiles, concursos, premios e moita animación.

O Meco, obra de José Manuel Méndez, subiu aos balcóns de Bendaña tras un desfile que partiu da praza de Cervantes. O acompañamento musical e a animación puxérona as comparsas Os Conformistas de Conxo e A Ruliña de Laraño.

A xornada do domingo estará especialmente dedicada aos máis pequenos. A partir das 17:00 horas celebrarase o Festival Infantil de Disfraces na Sala Capitol. Poderán participar nenos e nenas ata 14 anos. Logo, ás 18:00 horas, animación, baile, premios, concursos, sorteo de agasallos, entrega de bolsas-cotillón...

Na Alameda continuará instalada ao longo do día a tradicional máquina de filloas de Lestedo.

Direcciones relacionadas



Compartir: