PLENO MUNICIPAL
A declaración como ARI permite unha actuación integral na zona afectada, xa que a rehabilitación realízase tanto no exterior coma no interior das vivendas. Ademais, estas obras van acompañadas doutras de reurbanización das rúas nas que están as casas.
A declaración destes dous grupos residenciais uniríase así á xa realizada no barrio de Vista Alegre, en donde este mesmo ano se rehabilitarán dous bloques de vivendas. A actuación en Vista Alegre afectará a cen vivendas.
Pontepedriña tamén contará cunha área de rehabilitación integral de vivendas
24/05/2006 O Pleno da Corporación municipal aprobou a solicitude de declaración de área de rehabilitación integral (ARI) dos grupos de vivendas Compostela e Quiroga Palacios, en Pontepedriña. Esta actuación permitirá reformar 374 pisos, distribuidas en 41 edificios, nos que viven case 900 persoas.
Segundo o alcalde, este proxecto "é un obxectivo moi importante e a actuación vai ser espectacular. Hoxe vemos vivendas moi deterioradas, todas exteriores, pero cunhas características que fan que, cun investimento non moi grande o cambio sexa enorme". Sánchez Bugallo aludiu especialmente aos beneficiarios deste proxecto. "Son vivendas nas que vive moita xente maior e familias de recursos moi limitados", apuntou. Estas obras de rehabilitación suporán unha importante transformación da imaxe do barrio de Pontepedriña.A declaración como ARI permite unha actuación integral na zona afectada, xa que a rehabilitación realízase tanto no exterior coma no interior das vivendas. Ademais, estas obras van acompañadas doutras de reurbanización das rúas nas que están as casas.
A declaración destes dous grupos residenciais uniríase así á xa realizada no barrio de Vista Alegre, en donde este mesmo ano se rehabilitarán dous bloques de vivendas. A actuación en Vista Alegre afectará a cen vivendas.