ALCALDÍA

O Museo do Pobo Galego exhibe os traballos premiados nas últimas tres edicións do certame bienal "Fototraballo"

06/02/2013 O alcalde compostelán, Ángel Currás, e os concelleiros Amelia González e Luis Bello asistiron á inauguración da exposición fotográfica colectiva Fototraballo_07_09_11. A mostra reune os traballos premiados nas tres últimas edicións de Fototraballo, certame bienal de fotografía que convoca a Fundación Nortempo. A exposición estará aberta no Museo do Pobo Galego ata o 31 de marzo

A primeira edición de Fototraballo convocouse en 1997, pero dende o ano 2007 consolidouse a modalidade de bienal na que se premia o mellor proxecto fotográfico relacionado co mundo do traballo, enfocado libremente a través de múltiples e variadas propostas. O xurado está presidido polo fotógrafo Vari Caramés.

Os artistas presentes na mostra son Carlos Odina e Carlos de Andrés, 1º e 2º premio respectivamente na edición de 2007; Cristina de Middel, que gañou en 2009 co proxecto The City; e Susana Girón, premiada en 2011 polo proxecto Fe, pasión y destino.

Compartir: