ALCALDÍA

Nova xunta directiva na Cociña Económica

05/02/2013 O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu no Arcebispado á toma de posesión da nova xunta directiva da Cociña Económica.

A Cociña Económica de Santiago de Compostela é unha institución benéfica atendida polas Fillas da Caridade e voluntarios que dá de comer a persoas sen recursos. Ademais do comedor, dispón dun centro social de día.

Compartir: