PARQUES E XARDÍNS

Os nenos xa poden gozar do Parque da Constitución

24/05/2006 O novo Parque Infantil da Constitución xa está a disposición dos máis novos. O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo e varios membros da Corporación Local participaron na inauguración deste singular espazo de integración, adaptado plenamente para o acceso dos nenos con diminucións físicas.

Na primeira xornada de apertura do parque, as rapazas e rapaces puideron descubrir todas as novidades que lles ofrece este parque. Un funil de rede, unha corda vertical, unha parede para trepar, unha barra para deslizarse e varios xogos educativos compoñen parte da oferta deste novo parque. A isto hai que engadir atraccións tan curiosas coma un periscopio, unha cociña ou unha cabina de camión. Ademais de gozar dos xogos, os pequenos contaron coa compañía dun contacontos.

Compartir: