PLENO

Paula Prado formalizará a súa renuncia como concelleira no Pleno do xoves 31

28/01/2013 O Pleno ordinario da Corporación municipal previsto para o xoves 31, a partir das 17:30 horas, terá entre os asuntos da súa orde do día a renuncia ao cargo da concelleira Paula Prado del Río. Ademais, debateranse diversas modificacións urbanísticas.

Entre estes asuntos urbanísticos, salienta a aprobación definitiva da modificación puntual do Plan especial de protección do patrimonio construído de interese cultural no ámbito coñecido como vivendas de Ramírez. Tamén se someterá, neste caso á súa aprobación inicial, a modificación puntual da normativa urbanística do Plan Xeral de Ordenación Municipal aplicable ás situacións de fóra de ordenación.

Na área económica, darase conta do decreto de prórroga do orzamento do ano 2012 para 2013 e aprobarase inicialmente a modificación do cadro de persoal para o ano 2012.

Nesta sesión tamén se proporá a adhesión do Concello de Santiago ao Pacto dos Alcaldes e á Rede de Cidades Intelixentes (RECI).

Documentos relacionados



Compartir: