EIXO ATLÁNTICO

Presentadas as accións do programa comunitario Mobilitas

23/05/2006 O alcalde de Santiago e presidente do Eixo Atlántico, Xosé A. Sánchez Bugallo, asistiu á presentación aos medios de comunicación do Programa Mobilitas, un proxecto ao abeiro da iniciativa comunitaria Interreg III A (Subprograma Galicia-Norte de Portugal). O acto celebrouse no Museo do Pobo Galego.

O evento, no que tamén participou o vicepresidente da Igualdade e do Benestar, Anxo Quintana, contou coa proxección dun vídeo onde se recollían os obxectivos para o período 2006-2007 deste programa, que promove actividades comúns entre a xuventude lusa e galega.

O Programa Mobilitas permitirá crear unha rede de información xuvenil na eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Porase en marcha unha páxina web, a través da cal as mozas e mozos poderán realizar cursos de lingua e de cultura galega e portuguesa ou consultar calquera información do seu interese. Tamén haberá cursos de especialización en axentes europeos de mobilidade, un Congreso sobre Xuventude, diversos programas de animación socio-cultural e unha Guía Europea da Mobilidade.

Compartir: