DEPORTES

Santa Isabel acolle o Campionato de España de Fútbol Sala para Xordos

24/01/2013 O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, presentou a fase de grupos do Campionato de España de Fútbol Sala para Xordos, que se desenvolverá no pavillón de Santa Isabel o sábado 26 de febreiro. Sete equipos disputarán a competición, organizada pola Federación Galega de Deportes para Xordos (FEGADEX) en colaboración co Club Sociedade Deportiva Compostela de Xordos.

Adrián Varela felicitou á organización polo seu labor, xa que é a primeira vez que este campionato se celebra en Santiago, e ratificou a intención do seu Departamento de seguir realizando unha "discriminación positiva" con aqueles colectivos que teñen máis difícil o acceso ao deporte. Ademais, convidou os composteláns a achegarse a Santa Isabel para presenciar os partidos, que comezarán ás 9:00 horas do sábado.

No grupo A competirá o actual campión, o CDS Huelva, xunto á UDS Zaragoza e ao CDS Almussafes. No grupo B están integrados o CDS Compostela, o CDS Valencia, o CDS Asorcas de Castellón e o CDS Casal de Barcelona. Os primeiros de cada grupo irán á fase final, que se disputará o 9 e o 10 de febreiro en Mijas-Costa (Málaga.

Xunto ao concelleiro compareceron na rolda de prensa o presidente de FEGADEX, Constantino García, e o presidente do Club Sociedade Deportiva Compostela de Xordos, Andrés Sampedro.

Compartir: