ALCALDÍA

O alcalde pide ao secretario municipal que informe da situación actual de todos os contratos con Sermasa

18/01/2013 O alcalde compostelán, Ángel Currás, solicitou hoxe por escrito ao secretario municipal que informe da situación de todos os contratos existentes no Concello de Santiago coa empresa Servizos y Materiales, S.A. (Sermasa).

O alcade solicítalle tamén ao secretario que se investigue se se produciou alteración ou falsificación do expediente denominado "Servizo de conserxería, limpeza e control dos CEIPs de Santiago de Compostela" e lle dea traslado inmediato do resultado da investigación.

O escrito foi remitido hoxe, 18 de xaneiro, á Secretaría Xeral do Pleno e á Dirección da Asesoría Xurídica do Concello de Santiago de Compostela.

Compartir: