ALCALDÍA

O alcalde recibiu os representantes da Asociación do Pobo Xitano

15/01/2013 O alcalde compostelán, Ángel Currás, recibiu a Asociación do Pobo Xitano. Na reunión tamén participou a concelleira María Pardo.

O encontro serviulle ao alcalde para darlle o pésame e expresarlle a súa solidariedade á familia da nena falecida recentemente nun tráxico accidente nun centro comercial e ao pobo xitano, encarnado nesta caso pola súa Asociación. No nome desta acudiron á cita en Raxoi o seu director xeral, Alfredo Iglesias, e a coordinadora social Ana V. Curra.

Compartir: